EDICIÓN ABRIL 2026
WEB EN CONSTRUCCIÓN
PRÓXIMAMENTE PODERÁS INSCRIBIRTE AQUÍ…
CONSULTA AQUI AS BÁSES (Publicaranse póximamente)

Lucía Pérez
Cantante Eurovisiva
Lucía Pérez é unha cantante galega cunha dilatada traxectoria no mundo da música. Participou en numerosos certames e festivais chegando a representar a España no Festival de Eurovisión no 2011 en Düsserdolf (Alemania) sendo a primeira galega en conseguilo.

Xabier Vizcaíno
Cantautor e Compositor
Xabier Pérez é un dos grandes cantautores da nosa terra. No seu último traballo «Neno de Monte» fai unha homenaxe ao mundo rural;.O traballo conta con cinco relatos que rescatou da lingua de seus avós e onde puxo as súas maneiras tamen como contador de historias.

Eva Faraldo
Profesora de Música e Bailarina
Eva Faraldo recoñecida bailarina da nosa cidade actividade que compaxina coa súa labor docente como profesora no colexio do barrio Cruceiro de Canido, ten actuado xunto o prestixioso bailarin Jesús Quiroga, así coma con Milladoiro ou Óscar Ibañez.

Caamaño&Ameixeiras
Sabela Caamaño (Acordeón) e Antía Ameixeiras (Violín e Voz)
Dúo galego vinculado á música de raíz cunha intensa traxectoria a nivel nacional e internacional. Tras o éxito do seu primeiro disco, Aire! , con colaboracións destacadas como a de Sílvia Pérez Cruz o dúo recibiu importantes recoñecementos como o Premio Martín Códax da Música 2021. En Quitar o aire (2023), o seu último traballo resignifican e actualizan os códigos da música de raíz, levando a sonoridade da tradición galega e ibérica á virulencia de planos máis frontais e de músicas que se escapan das marxes dos xéneros.

Rebeca Collado
Presentadora do Talentiño 2026
Rebeca Collado García é licenciada en xornalismo e actualmente exerce a súa labor profesional na Cadena Ser en Radio Ferrol, así mesmo é unha das fundadoras do xornal dixital Ferrol360. Na procura de exercer todos os ámbitos do xornalismo, tamén traballou en Televisión de Ferrol e nun proxecto de televisión online. Así mesmo, ten presentado numerosos actos e eventos no Concello de Ferrol

Joaquín Enríquez
Presentador do Talentiño 2026
Joaquín Enríquez, Economista e docente na Universidade da Coruña. A música acompañouno dende neno, estudou acordeón no conservatorio de Ferrol. Ten presentado numerosas galas do Concello de Ferrol entre as que salienta a ferrolá «Noite das Pepitas». Colabora ou ten colaborado con diferentes medios de comunicación como Galicia Ártabra, Cadena Ser, Enfoques ou Radio Filispim
Publicaranse aquí os finalistas seleccionados mediante o envío de vídeos

Coa colaboración de:




