Los ganadores de O Talentiño 2025 actuarán en la Televisión de Galicia

O Talentiño, segue medrando e ofrecendo máis incentivos aos artistas novos. Ademais dos 300 euros e entradas para o parque multiaventura que recibirán os gañadores das cinco categorías (vocalistas, danza lírica, danza urbana, instrumentistas e variedades), agora hai un premio exclusivo: a posibilidade de actuar en directo no programa da Televisión de Galicia «Quen Anda Ah?».


Este popular espazo televisivo da TVG, conducido por Juan Fuentes, Raquel Atanes e Roberto Vilar, converterase nunha poderosa plataforma para talentos emerxentes, ofrecéndolles a oportunidade de mostrar a súa arte ante miles de espectadores.


Con esta nova incorporación aos premios, “O Talentiño” reforza a súa aposta pola promoción dos novos talentos e da cultura galega. Desde a produción do certame destacan a importancia de ofrecer oportunidades reais aos participantes, permitindo que o seu esforzo e dedicación se vexa recompensado con experiencias inesquecibles como poder actuar e ver como se fai un programa de televisión en horario estelar en directo.

Este sitio web utiliza cookies para que teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies