O certame O Talentiño, dirixido a mozos e mozas de entre 8 e 18 anos, vive unha edición de éxitos sen precedentes.
Unha vez pechada a inscrición, superouse o número de participantes das dúas edicións anteriores. Concretamente máis de sesenta mozos da comarca (Ferrol, Fene, Cedeira, Valdoviño, Ares, e Narón) sumáronse a esta iniciativa, reflectindo o crecente interese por participar neste escaparate do talento local. O certame, que busca promover e premiar o talento novo, superou todas as expectativas, consolidándose como un dos eventos de referencia na comarca.
Durante as últimas semanas, os organizadores recibiron numerosas inscricións, que destacaron pola diversidade e calidade dos participantes.
A produción do certame O Talentiño agradece a ilusión e a confianza de todos os inscritos e lembra que, hoxe, ás 23:59 horas, será o último momento para formar parte desta edición, que promete unha gran Gala o 23 de marzo ás 19:00 horas no Teatro Jofre.




