UN FESTIVAL SOLIDARIO
Unha iniciativa solidaria con dúas causas complementarias
A totalidade da recadación obtida durante o festival destinarase a dúas entidades que desenvolven un importante labor na loita contra o cancro, desde perspectivas diferentes pero complementarias.
Por unha banda, contribuirase ao traballo dunha entidade de referencia na loita contra o cancro, amplamente recoñecida pola súa traxectoria na promoción da investigación, a prevención da enfermidade e o acompañamento integral ás persoas diagnosticadas e ás súas familias, cunha importante presenza e actividade tamén na comarca de Ferrolterra.
Por outra, apoiarase o labor de ASARGA, unha asociación dedicada aos sarcomas, un grupo de cancros pouco frecuentes que poden afectar aos ósos e aos tecidos brandos do organismo. A través desta colaboración quérese contribuír tamén a dar visibilidade a unha realidade menos coñecida, poñendo en valor a importancia da investigación, do diagnóstico e do apoio ás persoas afectadas por este tipo de tumores.
Durante a xornada desenvolveranse diferentes actividades destinadas a recadar fondos, entre elas vendas solidarias e sorteos. Ademais, establecerase un sistema de entrada inversa, a través do cal as persoas asistentes poderán realizar unha achega económica voluntaria en función das súas posibilidades.
ARTISTAS CONFIRMADOS ATA O MOMENTO (IRASE ACTUALIZANDO NOS PRÓXIMOS DÍAS):
VOCALISTAS:
– ANTÍA BARONA
– SOFÍA HERNÁNDEZ
– NURIA CORNIDE
INTRUMENTISTAS:
– XIANA RUIZ (ARPA)
– PAULA SEOANE (PIANO)
VARIEDADES:
– O MEIGO SIMÓN
DANZA:
– MARTINA SEOANE
OUTROS COLABORADORES E EQUIPO DO TALENTIÑO QUE ESTARÁN NO FESTIVAL:
– Os fundadores: Lucía Pérez, Eva Faraldo, Joaquín Enríquez e Xabier Vizcaíno
– O 1º Artista convidado na primeira edición do Talentiño: Marcos Mella
– O grupo Sons do Talentiño
[A INFORMACIÓN IRASE ACTUALIZANDO]
– ASOCIACIÓN VECIÑAL DE CANIDO
– FRUTERÍA VICTOR
– TOQUETERÍA
– RESTAURANTE BECEIRO
– Donantes Anónimos
