Toda a Información en: https://coral-polifonica-ferrolana-del-casino-ferrolano06.webnode.es/actualidad
O domingo 5 de xullo, ás 20:00 horas, o Casino Ferrolano abrirá as súas portas para unha tarde de música e emoción co Concerto de Verán 2026. Este evento está organizado pola Coral Polifónica Ferrolana do Casino Ferrolano como parte do programa Alicerce, unha iniciativa da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
O programa contará coas actuacións de:
✨ Rondalla Mugardesa
✨ Sons do Talentiño
✨ Coral Polifónica Ferrolana do Casino Ferrolano
Unha oportunidade para gozar da música, compartir cultura e dar a benvida ao verán nun escenario magnífico.
Próximamente anunciaranse máis detalles sobre a programación e os detalles do evento.
🎟️ Entrada gratuíta (suxeita ao aforo do recinto).

Grupo Musical
SONS DO TALENTIÑO
Este grupo musical está formado por:
Sofía Hernández (Sofijeich)
Cantante de Ferrol, gañadora de O Talentiño 2025 e participante en La Voz Kids, onde mostrou o seu talento a un público amplo. A súa potente voz e a súa sensibilidade expresiva consolidárona como unha nova promesa da música gallega.
Antía Barona
Gañadora de O Talentiño 2026, destaca pola súa personalidade artística e a súa capacidade para emocionar ao público no escenario. A súa vitoria no concurso confirma unha carreira emerxente con gran potencial.
Joaquín Enríquez
Acordeonista, profesor da UDC (Universidade da Coruña) e fundador/presentador do concurso O Talentiño. Únese a esta actuación para proporcionar o rico son do acordeón e o acompañamento musical para ambos cantantes, creando un evento deseñado para o desfrute da música en directo.
Sons do Talentiño
«Sons do Talentiño» xurdiu da esencia do concurso O Talentiño —fundado polo ferrolán Joaquín Enríquez xunto coa cantante de Eurovisión Lucía Pérez, o cantautor Xabier Vizcaíno e a bailarina Eva Faraldo— e das conexións persoais e artísticas forxadas ao longo das distintas edicións do evento.
Desde a súa creación, O Talentiño consolidouse como un proxecto cultural dedicado a descubrir, promover e apoiar a novos artistas, ofrecéndolles a oportunidade de actuar nun escenario importante, compartir experiencias con outros participantes e comezar a construír as súas carreiras musicais. Máis alá do propio concurso, o evento sempre perseguiu un obxectivo claro: crear unha comunidade de talento onde os participantes forxen vínculos persoais e profesionais duradeiros.
Esta colaboración, titulada «Sons do Talentiño», é o froito desa filosofía. Xurdiu cando dúas das gañadoras do concurso —Antía Barona (1.º Premio, Vocalistas 2026) e Sofía Hernández (1.º Premio, Vocalistas 2025)— conectaron con Joaquín Enríquez. Enríquez é o fundador e presentador de O Talentiño e, ademais de profesor no Campus Industrial de Ferrol da UDC, é un músico e acordeonista en activo.

